Hoxe podemos asegurar e achegar evidencias científicas que xustifican a Dieta Atlántica como unha dieta saudable.

Esta dieta é propia de Galicia e son recoñecidos como tales diversos pratos e alimentos das zonas limítrofes do océano Atlántico, é un patrimonio gastronómico que hai que poñer en valor.

Ourenstividad quere dar a coñecer as súas propiedades nutricionais e os efectos beneficiosos sobre diversas patoloxías como o sobrepeso, a diabetes… Temos excelentes produtos como pementos, grelos, castañas, tenreira, sardiñas… que con técnicas culinarias sinxelas farán as delicias da familia.

A dieta atlántica dos nosos devanceiros, baseada no peixe e na verdura, foi o modelo e debe seguir sendo, para acadar o noso obxectivo de LONGEVIDADE. Hoxe imos lembrar unhas palabras de Pablo G. Vivanco: Os grelos están cheos de propiedades!

A Dieta Atlántica revelou o seu potencial saudable hai uns anos. Nel inclúense os grelos, de enormes propiedades: “Lideramos o consumo de grelos en España, principalmente en Ourense”, sinala García Vivanco, que traballa nun equipo da Universidade de Santiago que analiza todas estas propiedades da dieta.

“Teñen moléculas chamadas glucosinolatos, poderosos antioxidantes, que actúan para previr certos tipos de cancro ou patoloxías relacionadas coa diabetes”, engade. As verduras Brassica, os cítricos, as bagas, o aceite de oliva ou a carne de calidade completan esta dieta. Ademais, o farmacéutico lembra que Galicia é a terceira comunidade autónoma en número de Indicacións Xeográficas Protexidas e selos de calidade alimentaria.

Autora: Cristina Conde

Al aceptar las cookies acepta voluntariamente el tratamiento de sus datos. Esto también incluye, por un tiempo limitado, su consentimiento de acuerdo con el Artículo 49 (1) (a) GDPR para el procesamiento de datos fuera del EEE, por ejemplo, en los EE. UU. En estos países, a pesar de una cuidadosa selección y obligación de los proveedores de servicios, no se puede garantizar el alto nivel europeo de protección de datos. Si los datos se transfieren a los EE. UU., existe, por ejemplo, el riesgo de que las autoridades de los EE. UU. procesen estos datos con fines de control y supervisión sin que estén disponibles recursos legales efectivos o sin que se puedan hacer valer todos los derechos del interesado. Puede revocar su consentimiento en cualquier momento.     Más información
Privacidad