É máis doado chegar aos 100 anos en Ourense? Por que hai unha concentración de centenarios nalgúns puntos concretos da provincia? As súas augas termais son o segredo dunha longa vida? Estas incógnitas son as que pretende desvelar Ourenstividad cun estudo pioneiro sobre os centenarios da provincia.
Cristina Conde, nutricionista e vicepresidenta do grupo, explica a Galiciapress os pormenores desta investigación que comezará en breve e que servirá de base científica para a longa vida dos aurieneses maiores.
COMIDA, EMOCIÓNS, RESIDENCIA…TODO INFLUÍCE
Precisamente, a dieta atlántica pode ser un dos elementos fundamentais para explicar a particularidade da provincia, con máis de 350 centenarios. “Esta dieta achéganos unha cantidade de omega 3 e antioxidantes que nos axudan a mellorar a lonxevidade e parámetros saudables como a glicosa ou a tensión”, explica Conde. A alimentación será unha das preguntas da proba que os membros do grupo formularán ás preto de 200 persoas que participarán neste estudo -tamén familiares para cubrir os posibles baleiros de memoria que poidan ter os entrevistados-, que xa conta co visto e prace de o comité de ética do SERGAS.
“Con esta recompilación queremos que os máis novos poidan repetir estes patróns e ser igual de longevos”, engade o vicepresidente de Ourenstividad, que confía en que a finais do verán de 2024 poidan ter as primeiras publicacións. .
Artigo completo no seguinte enlace: https://galiciapress.es/articulo/ourense/2024-01-13/4678895-vive-terras-celanova-otro-sitio-estudio-busca-descubrir-secretos-centenarios-ourensanos