Barbadás acolleu este domingo a II Andaina da Ourensividad, na que os interesados puideron completar algúns dos dous percorridos que se ofertaron: un de catro quilómetros e outro de dez quilómetros.

Un acto no que participou o delegado da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo e no que se fixo entrega dun ramo de flores a Laura Fernández, unha muller da provincia de 101 anos..

Este evento, que xa conta con dúas edicións, ten como obxectivo recadar fondos para a Asociación de Diabéticos Auria e promover unha actividade interxeracional que favoreza un envellecemento activo e saudable. Tamén invitar aos ourensáns a facer actividades como camiñar, manter unha boa alimentación ou bailar.

