A asociación entrevistará a 191 centenarios sobre temas como a dieta ou o sexo.

A asociación Ourensividad, promovida por profesionais sanitarios da provincia, ultima estes días a posta en marcha dun estudo pioneiro en España sobre a lonxevidade. “En Ourense hai máis de 380 centenarios, somos un foco mundial na lonxevidade porque os nosos maiores non só chegan aos 100 anos, senón que viven ben, son autosuficientes, por iso hai que estudar as causas”. explica Pablo García Vivanco, farmacéutico.e presidente da entidade. O proxecto inclúe 191 entrevistas a centenarios da provincia sobre máis dun centenar de variables, que permitirán despois extraer conclusións comúns sobre os seus hábitos de vida.

A iniciativa, aprobada recentemente pola comisión de ética do Sergas, conta coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta. “Empezaremos a mediados de xaneiro co primeiro contacto coas persoas maiores e a idea é rematar as entrevistas antes do verán para despois analizar e desenvolver os resultados”, explica García Vivanco.

Ligazón ao artigo: https://www.laregion.es/articulo/ourense/asociacion-ourensividad-comienza-2024-estudio-pionero-vejez/202401020800001263685.html