Cristina Margusino, doutora especialista en medicina familiar e comunitaria, e Ricardo De la Fuente, farmacéutico e nutricionista, poñen en marcha o Observatorio da Longevidade da Ourensividade.

Ambos profesionais sanitarios entrevistan a Pepa, unha ourensana de 102 anos, para coñecer os bos hábitos que a levaron a ser centenaria.

Agradecemos a Pepa a súa información e consellos a favor da vida.