Terra de Celanova posúe un gran patrimonio saudable, sendo un gran xeodestino con moita riqueza nas súas augas, posúe unha boa alimentación de autoconsumo e baixo risco de radón. O número de centenarios por cada 100.000 habitantes é de 389, moi por encima de iconas mundiais da lonxevidade como Okinawa, Icaria ou Loma Linda.
Galicia, e concretamente Ourense, ten todas as condicións para ser declarada zona azul, unha zona de gran lonxevidade. Na xornada proxectáronse dous vídeos sobre os centenarios da zona e fíxose entrega dun agasallo ao Concello polo seu labor a prol da lonxevidade e da vida saudable. A xornada pechouse cunha degustación de produtos autóctonos e atlánticos.
Pablo García Vivanco, farmacéutico e nutricionista argumentou sobre os determinantes epixenéticos, a farmacéutica e nutricionista Cristina Conde analizou a dieta atlántica e a boa alimentación de autoconsumo e a médica de familia, Cristina Margusino, falou sobre a riqueza das augas no xeodestino e en termal curas.





Ligazóns ao evento
https://twitter.com/copeourense/status/1769690353727152634?s=48&t=ybU3lQ1YL2ofIF7cvLCKyA