É unha honra para Ourenstividad formar parte dunha reportaxe sobre lonxevidade, coincidindo coa persoa máis vella do mundo con 117 anos: a española María Branyas.

RTVE, no seu exitoso programa “Repor”, realizou unha reportaxe na que fala do rechamante número de centenarios na Provincia de Ourense e dos seus determinantes da lonxevidade, como a nosa dieta atlántica, os nosos costumes e estilo de vida, e o noso entorno. Un gran patrimonio.

Aquí vos deixamos un pequeno resumo do programa.