Este xoves, 6 de xullo de 2023, ás 18:00 h. Pablo García Vivanco, presidente de “Ourenstividad” ofrecerá un relatorio sobre “Ourenstividad”, un punto de encontro de diferentes profesionais que pon en valor a epixenética ourensá reflectida no elevado número de centenarios. A importancia do farmacéutico como axente sociosanitario e as sinerxías con outros profesionais da saúde son claves na promoción da saúde.

Ademais, esta presentación dirixida aos farmacéuticos da provincia irá acompañada dunha ponencia de Ángel Fantova Juncal, que falará sobre a fiscalidade na oficina de farmacia.

Lugar e hora

O encontro, que terá lugar no hotel Barceló Ourense ás 18.00 horas, está a cargo de Expertos en Xestión Patrimonial de Oficinas de Farmacia de Acmfarma grazas ao seu programa de seminarios que leva tempo realizando por toda a comunidade galega.

Solicítase confirmación no 686710412 ou en info@acmfarma.com