Na mañá do venres 7 de xullo de 2023, Pablo G. Vivanco, presidente de Ourenstividad, acompañado das vicepresidentas da Asociación: Cristina Conde e Cristina Margusino, reuniuse con membros da Xunta de Goberno e outros membros do Colexio Oficial de Farmacéuticos de Ourense, Colexio Oficial de Medicina de Ourense, Colexio Oficial de Enfermería de Ourense e Colexio Oficial de Veterinaria.

Participaron neste encontro convocado pola Vicerreitoría do Campus de Ourense, xunto a representantes doutros colexios profesionais sanitarios da provincia, para avanzar no desenvolvemento do proxecto Campus da Auga que ten como obxectivo potenciar o potencial do termalismo no Territorio ourensán.

O obxectivo do encontro é realizar un curso de iniciación ao termalismo para estudantes do campus e profesionais sanitarios.