Co lema “nutrición e gastronomía unha alianza exitosa”, celébrase o 8 de xuño o Día Nacional da Nutrición.

Ourensividad

O obxectivo da celebración é poñer en valor a riqueza da gastronomía española dando a coñecer as distintas técnicas culinarias, tanto tradicionais como de vangarda, e destacar a importancia de gozar da nosa gastronomía sostible, saudable e segura.

Dende Ourensividad ponse en valor a nosa alimentación local, autóctona e de tempada, cunha baixa pegada de carbono, mellorando a nosa epixenética e a nosa lonxevidade.

Así o queremos reflectir neste interesante vídeo que se desenvolve nas Termas do Muíño Da Veiga de Ourense.