O estudo da Deputación de Ourense sobre os centenarios da provincia realizado pola Asociación Ourensividad esperta a atención internacional ao ser, en parte, publicado en “Nutrients”, unha das revistas científicas máis cualificadas do mundo, cunha revisión por pares.
O artigo conta con autores expertos en cada materia pertencentes a tres universidades de prestixio como é a Universidade da Coruña, a Universidade de Santiago de Compostela e a Universidade de Valencia e con varios profesionais sanitarios entre os que se atopan médicos, farmacéuticos, nutricionistas e enfermeiros.
O artigo analizado desde diferentes perspectivas, baseándose no estudo da Deputación de Ourense, é un artigo completo, onde se analiza, a nutrición, o termalismo, os hábitos saudables e os costumes dos centenarios de Ourense, sendo unha publicación cun amplo contido, seguindo a liña que no seu día se realizou en Sardeña e Okinawa.
O artigo compara a dieta dos centenarios Ourensáns con dous das zonas “blue zones”, as máis lonxevas do mundo, como Sardeña e Okinawa. Os expertos afirman que hai unha alta porcentaxe de similitudes, pero tamén hai diferenzas que marcan unha melloría nutricional na dieta dos centenarios como o maior consumo de verduras do xénero brassica, o consumo da pataca fronte á pasta ou o arroz, o pouco consumo de alcol e o consumo de peixe azul.
A auga e o termalismo tamén se valora, especifícase a boa calidade da auga con importantes minerais como o litio, o magnesio e o silicio, e déixase unha porta aberta ao termalismo como un claro determinante de lonxevidade ao existir coincidencia entre as zonas termais e as zonas de lonxevidade excepcional. Lembremos ademais as interesantes indicacións terapéuticas que teñen as augas termais de Galicia.
Por tanto, o artigo profunda na epigenética existente na provincia de Ourense que provoca que haxa un número elevado de centenarios. Tamén quedan reflectidos varios trazos de personalidade, costumes e hábitos característicos dos centenarios de Ourense.
A revista “Nutrients” valorou moito o artigo baseado no estudo da Deputación de Ourense, polo seu contido e os seus autores.
Artículo disponible en : https://www.mdpi.com/2072-6643/17/13/2231
