Agora regresei daquel lugar que sempre lembrarei, porque alí “vive a Vida”. Sabedes que lugar é?

Está dentro das súas xentes, xa con anos, que a coidan e pensan que facer mañá, ao próximo ano, ao outro…….,e así chegan a felices centenarios.

Coa vida está a forza, a alegria, o amor e a humanidade que lles une, xa non hai idades, únense nunha Fuenteovejuna da Ourensividad, de todos para todos.

Aprendín que outra forma de vivir é posible, en contacto coa Nai Natureza que cobre as súas necesidades máis auténticas, en agradecemento aos coidados que eles lle practican segundo as súas leis e necesidades, que coñecen transmitidas polos seus devanceiros. Viven con plenitude unha boa saúde física e mental, formando un grupo solidario de apoio humano.

Parafraseando aquela canción diría ” Grazas á vida que…..”, permitiume coñecela en Ourense e ser feliz cos seus bos e hospitalarios habitantes.

Fernando Folch Blanch – Médico Pediatra