I Festival de LonxevidadI Festival de Lonxevidad

O Concello de San Xoán de Río celebrará o 8 e 9 de agosto de 2025 o I Festival da Lonxevidade, que reunirá a pobos de diferentes comunidades autónomas, profesionais da saúde e do ámbito social, investigadores, responsables públicos e cidadanía para reflexionar, celebrar e dar visibilidade a modelos de vida rural que favorecen unha existencia máis longa, activa e con propósito.

O festival enmárcase no Plan de Turismo Xerativo de San Xoán de Río 2025–2035, promovido pola Escola de Turismo Xerativo, entidade referente na creación de estratexias de desenvolvemento rural con impacto positivo a través do turismo.

Desde esta escola impulsouse o concepto “Lonxevidade e Vida” como eixo transformador, tanto turístico como comunitario. En colaboración coa rede profesional de Rural Manager, este enfoque xa está a aplicarse en distintos territorios de España e América Latina como ferramenta de benestar, arraigamento e dinamización rural.

O venres 8 de agosto comezaremos cun acto institucional que contará coa participación do alcalde, Xosé Miguel Pérez Blecua; do director da Axencia de Turismo de Galicia Xosé Manuel Merelles Remy; a experta en turismo xerativo Isabel Sánchez Tejado (Escola de Turismo Xerativo), e persoas referentes como Maribel Doval Ruiz (Universidade de Vigo) e Chema Faílde (presidente da Sociedade Galega de Xeriatría e Xerontoloxía), que presentarán a creación da 1ª Rede Internacional de Pobos pola Lonxevidade.

Tamén se darán a coñecer seis experiencias inspiradoras doutros puntos do Estado, que abordan a lonxevidade desde perspectivas complementarias como a igualdade de xénero, os coidados comunitarios, a saúde mental, a innovación social ou o arraigamento interxeracional:

Oportunidades da Idade para as Mulleres” – presentado por Laura Seara, ex secretaria de Estado de Igualdade. Un proxecto centrado na visibilización e o empoderamento das mulleres maiores na vida social e comunitaria.

“Ourensividade” – con Pablo García Vivanco (provincia de Ourense), presidente da asociación. Promove o envellecemento activo mediante comunidades solidarias e espazos de encontro interxeracionais.

Renace” – presentado por Pilar Rodríguez Lelo (provincia de Lugo). Modelo de acompañamento a maiores no rural que combina coidados personalizados, propósito vital e loita contra a soidade.

Agilmente” – presentado por Elisa Pelayo Astiz (Aragón). Un programa de estimulación cognitiva, arte, natureza e participación activa para o benestar mental e emocional das persoas maiores.

Zamora Territorio Silver de Excelencia Europea” – presentado pola profesora Ana Isabel Sánchez Iglesias, da Deputación de Zamora. Estratexia para o desenvolvemento económico e demográfico desde a perspectiva da silver economy

Te queda con Nosotros” – da Asociación Amigos de Pescueza (Extremadura). Un caso de éxito sobre como un pequeno pobo se converteu nun referente nacional en coidados comunitarios con vivendas tuteladas, ocio adaptado e servizos personalizados.

Rematarase cun showcooking a cargo de Agacal e de “Mulleres de Río”, gardadoras do receitario tradicional, seguido dunha degustación de viños da Ribeira Sacra guiada polo viticultor César Enríquez “Cachín”, e a celebración da Romería da Veiga, con música en directo e espazos para o encontro informal e o networking rural.

O sábado 9 de agosto estará dedicada a recoñecer a labor de quen fixo posible, durante décadas, unha vida digna e saudable para as persoas maiores do municipio. Nun acto emotivo, renderase homenaxe a 50 profesionais da medicina que tiveron ou teñen vinculación con San Xoán de Río.

O acto será clausurado polo presidente do Parlamento de Galicia, Miguel Santalices Vieira, e rematará cunha actuación musical aberta a toda a veciñanza.

Programación:

Galería de fotos: