A Central Sindical Independente e de Funcionarios (CSIF), sindicato máis representativo nas administracións públicas conmemoro o 8 de marzo, Día Internacional da Muller, co lema: “Por unha igualdade real. Das leis aos feitos”, cun acto celebrado o 5 de marzo de 2026 no Liceo da capital ourensá.
Nesta xornada reivindicativa, alzouse a voz por todas as mulleres que sofren desigualdade na súa vida laboral e social, reafirmando que os dereitos recoñecidos por lei deben converterse en dereitos efectivos. Así, remarcamos que “A igualdade de mañá constrúese hoxe” polo que debemos seguir traballando en cuestións que seguen pendentes.
O acto foi conducido polo xornalista Juan Maceira da cadea Cope e Manuel Pardo Cid, Delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense en encargado de abrir o acto, no que comoreconocimiento ás políticas de igualdade rendeuse homenaxe ao plan de igualdade do Concello de Pereiro de Aguiar como o máis innovador nas administracións públicas de Ourense. Luis Menor, alcalde e presidente da Deputación de Ourense, recolleu a mención de mans de Concepción Rey, presidenta de CSIF Ourense e organizadora do evento.
Continuouse coa homenaxe á primeira presidenta de CSIF Ourense, a catedrática Marita Souto, recoñecendo a súa traxectoria «e o seu papel pioneiro na apertura de espazos de liderado feminino dentro da organización sindica». Fixo entrega do premio Eva Fernández, secretaria nacional de Igualdade de CSIF.
Por último abordouse o papel da muller e a lonxevidade, da man de Pablo García, presidente de Ourensividad, cun recoñecemento especial a Esperanza Cortiñas, ourensá. Avoa de Galicia, de 109 anos.
Eva Fernández, secretaria nacional de Igualdade de CSIF, e Ana García, a nosa secretaria autonómica de Igualdade, puxeron voz ao compromiso do sindicato coa xustiza social e igualdade real.
Crónica fotográfica:




















