Sabores e SaberesSabores e Saberes

Baixo o título “Sabores e Saberes” sae a luz un libro de receitas da Limia, froito do proxecto levado a cabo polo Cdr O Viso dentro de “Biocuidados” (Atención Centrada nas Persoas no Medio Rural)

O libro reflicte receitas das nosas avoas, elaboradas nos once concellos da Limia, seguindo os coidados e as tradicións dos nosos antepasados en diferentes contextos da nosa historia.

As protagonistas foron tres mulleres que puxeron moita énfase na autorrealización e na participación comunitaria, viaxando ás aldeas para recoller información sobre receitas e asistindo a diversas reunións sobre alimentación e dieta atlántica. Os seus nomes son Lourdes Sotelo, Lourdes Augusto Fernandes e Xiana Carballo.

Dende Ourensividade, foi un pracer participar neste proxecto social concretándose neste libro de cociña, tanto Ana López coma Pablo Garcia Vivanco, quixeron apoiar este xeneroso proxecto e avalar a nutrición e a alimentación de Ourene como unha gran aliada para a lonxevidade.

Grazas a Elena,@Guadalupe Bardón Merino e @Toño e Carmen do CDR O Viso por compartir con nós este libro único e ilustrativo.