O sábado 4 de novembro de 2023 e dentro da mostra gastronómica “Xantar celebrada en Expourense, as dúas Vicepresidencias de Ourensividad, a farmacéutica Cristina Conde e a doutora Cristina Margusino, impartirán unha charla didáctica e innovadora sobre os alimentos locais e de proximidade e a súa importancia na saúde, especialmente en determinadas patoloxías crónicas.

A epixenética ten a resposta.

Non te perdas a charla «Alimentos galegos para a lonxevidade» e sácate un chisco de lonxevidade.

Agardámosvos na Sala de Degustación Xantar (Expourense) de 18:30 a 19:15 h.