Hoxe tivemos a honra de compartir pareceres co médico e Presidente do Parlamento Galego Miguel Ángel Santalices Vieira , que unha vez máis nos mostra a súa profesionalidade e interese.
A lonxevidade foi o tema principal, valorando a sabedoría e a exemplaridade dos nosos centenarios. Galicia ten un gran patrimonio saudable. Nel albérgase, entre outros, a dieta atlántica, o termalismo, os nosos costumes e o medioambiente.
Cristina Margusino (Vicepresidenta), José Antonio García(Secretario) e Pablo García Vivanco(Presidente) asistiron como representantes de Ourensividad.
Un gran encontro.