Baixo este título, o acto celebrarase o xoves 19 de xuño ás 19:30 h. No Liceo de Ourense, un acto “Conference & Tribute” organizado pola Asociación Ourensividade.
Comezaremos recibindo aos convidados con música tradicional galega, abrindo o acto institucional ás 19:45 h.
A continuación, levaremos a cabo unha mesa redonda, “Claves para a lonxevidade dos centenarios en Ourense”, moderada por Juan Maceiras e coa participación de Roberto Fernández, investigador principal; Rosa Meijide, médica especialista en hidroloxía médica; e Ricardo de la Fuente, farmacéutico e dietista-nutricionista.
Exploraremos o papel das termas na saúde preventiva, a importancia da nutrición atlántica tradicional como motor da lonxevidade, e un resumo dos puntos clave do estudo do fenómeno centenario en Ourense, analizando os determinantes da lonxevidade.
“Live Longer and Better” cunha entrevista e homenaxe que protagonizan tres ourensás centenarias. E pecharemos o acto cun vídeo resumo das actividades e pasos da asociación Ourensividade.
O evento conta coa colaboración da Deputación de Ourense e da Xunta de Galicia.