Cociña lenta: sabores e coñecementos.

Dende o CDR O Viso promoven unha iniciativa de traballo colaborativo para a elaboración dun receitario cunhas pautas sinxelas de elaboración, que fomenten a adquisición de hábitos saudables con alimentos proporcionados polo comercio local e seguindo os fundamentos da Dieta Atlántica, baixo a orientación e supervisión. de Profesionais con especialidade en nutrición.

O receitario terá unha edición en papel gratuíta, poderá descargarse en formato dixital e presentará “Receitas con nome propio” onde coñeceremos quen as elabora, en que localidade vive e a súa achega nutricional. Para elaboralo contamos cos ingredientes axeitados: cociña tradicional con alimentos da nosa terra, receitas de persoas maiores que viven na Comarca da Limia, o traballo dun grupo de participantes do Programa Biocare que se reúnen semanalmente para recoller información e elaborar receitas con ingredientes de a Dieta Atlántica e o consello nutricional que facilita a nosa colaboración coa Asociación Ourensividad.

Artigo completo no seguinte enlace: https://www.dendealimia.com/texto-diario/mostrar/4702630/cdr-viso-editara-libro-receitas-da-limia