Feliz Navidad 2023
Feliz Navidad 2023

O 19 de decembro de 2023, o equipo de Ourensividad celebrou na súa sede un acto para felicitar aos seus asociados e seres queridos polas festas de Nadal.

O acto foi inaugurado pola coral do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle. Despois tivo lugar a charla do presidente e vicepresidente de Ourensividad, os farmacéuticos e nutricionistas, Pablo García Vivanco e Cristina Conde, que presentaron os tres proxectos iniciados en 2023 que se desenvolverán en 2024 grazas ao apoio da Deputación, a Xunta de Galicia, Universidade de Vigo e varios concellos da provincia.

Os proxectos servirán como observatorio e fomento da lonxevidade, e para a formación dos sanitarios no ámbito do termalismo. Explicaron o contacto con medios nacionais e internacionais para seguir posicionando á provincia de Ourense no foco global da lonxevidade.

Comentaron que a epixenética, caracterizada pola dieta atlántica, o medio ambiente e os seus costumes moi arraigados. Este ano colaboramos coa Universidade de Santiago coa publicación, na mellor revista científica internacional, “nutrientes”, das propiedades saudables dos nosos alimentos como os grelos, as patacas ou o polbo. Notamos as sinerxías de todos e “o espertar dun sentimento” en palabras de Vivanco, que aposta por seguir difundindo e acadar a pole position da Longevidade Mundial.

Esperanza Cortiñas, icona da lonxevidade ourensá, estivo no acto.

“Xuntos conseguirémolo, o noso patrimonio é milenario cun valor incalculable, visita Ourense e gaña unha dose de lonxevidade” sinala García Vivanco.