Se os aniversarios son felices por facer outro ano máis, neste caso, con 108 anos, a felicidade é completa.
Celebrouno onte con estilo a nosa querida Esperanza Cortiñas, que leva dende o principio coa Ourenstividad. Amigos, familia, unha boa torta e………os Mariachis, non pode ser menos para un bo sábado!!!
A ritmo de rancheiras demostrou que segue tendo unha gran capacidade funcional e cognitiva. Ten todos os trazos de personalidade dunha persoa longeva: amabilidade, curiosidade, extraversión, conciencia e resistencia.