O delegado territorial da Xunta de Galicia en Ourense, Manuel Pardo Cid, recibiu hoxe, 7 de abril de 2025, unha representación da asociación Ourenstividad, en concreto reuniuse con Pablo García Vivanco (Presidente), Ricardo de la Fuente Cid e José Manuel Lage Parente (Vicepresidentes)

O delegado expresou os seus parabéns por todo o traballo desenvolvido non só a nivel provincial senón a nivel de todo o territorio galego e a vontade do Goberno autonómico de colaborar activamente nas actividades a desenvolver e nos retos de futuro.