O sábado 4 de novembro de 2023 e dentro da mostra gastronómica “Xantar” celebrada en Expourense, as dúas Vicepresidencias de Ourensividad, a farmacéutica Cristina Conde e a doutora Cristina Margusino, impartirán unha charla didáctica e innovadora sobre os alimentos locais e de proximidade e a súa importancia na saúde, especialmente en determinadas patoloxías crónicas.
A epixenética ten a resposta.
Non te perdas a charla “Alimentos galegos para a lonxevidade” e sácate un chisco de lonxevidade.
Agardámosvos na Sala de Degustación Xantar (Expourense) de 18:30 a 19:15 h.