Socios e familiares da asociación Ourenstividad realizaron este pasado martes un acto con motivo das vacacións de Nadal.

A asociación Ourenstividad celebrou este martes un acto para celebrar as vacacións de Nadal entre os seus asociados e amigos. Esta celebración foi inaugurada pola coral do Colexio Plurilingüe Padre Feijoo Zorelle, que aportou música ao comezo do acto.

A continuación, tivo lugar unha charla do presidente e vicepresidente da asociación, xunto con eles, asistiron o farmacéutico Pablo García Vivanco e a nutricionista Cristina Conde, que presentaron os tres proxectos que se iniciaron en 2023, que terán o seu desenvolvemento no 2024, xunto co apoio da Deputación, a Xunta de Galicia, a Universidade de Vigo e varios concellos da provincia.

Estes proxectos citados servirán de observatorio e fomento da lonxevidade, ademais de servir para a formación dos traballadores sanitarios no ámbito do termalismo. Tamén se falou da epixenética, caracterizada pola dieta atlántica, o medio ambiente e os costumes arraigados.

Ligazón ao artigo: https://www.laregion.es/articulo/ourense/asociacion-ourensividad-celebra-navidad/202312201224071261735.html