Organizado polo Servizo Galego de Saúde, Área Sanitaria de Ourense, Verín e O Barco de Valdeorras tivo lugar na última semana de maio de 2025 no concello de Pereiro de Aguiar a 3ª Semana da Saúde 2025. O acto incluirá charlas e mesas informativas abertas ao público para promover a saúde comunitaria.
O martes, 27 de maio as 17:30 h. no Centro de día de Os Gozos tivo lugar a charla: “Determinantes de lonxevidade en Galicia” Impartida por Pablo García Vivanco, presidente de Ourensividad, farmacéutico e nutricionista.
Descubre os factores clave que inflúen na nosa saúde e benestar a longo prazo. Un encontro para aprender a vivir máis e mellor
A entrada foi libre ata completar o aforo.
Desta volta, dende Ourensividad, acudimos a un Concello que aposta pola vida saudable e fomenta a lonxevidade. Pereiro de Aguiar. Grazas a profesionais como Ana Parada, celébranse actos de promoción da saúde nunha cidade na que o alcalde Luis Menor está profundamente interesado en promocionar o noso patrimonio saudable.
Agradecemos non só o apoio do Concello e do centro de saúde, senón tamén o apoio das miñas compañeiras Cristina Conde e Cristina Margusino, dúas grandes profesionais que fan realidade a Ourensividade.
A presenza de Fernando na charla é unha proba tanxible de que a idade biolóxica, como dixen, non se corresponde coa idade cronolóxica. Fernando veu no seu coche desde Barcelona, con 91 anos, para coñecer de primeira man o saudable patrimonio da provincia de Ourense.
Queremos que isto continúe dende todas as partes do mundo.
Avanzamos

